Próximas actividades

6º Congreso gallego de adopción y acogimiento

Nesta edición, xa imos pola sexta, celebramos dez anos de congresos; toda unha ledicia, toda unha responsabilidade. E para facelo ben, enleámonos coas sobremesas.

Os ingredientes básicos da repostaría adoitan ser a fariña, os ovos, a manteiga ou o aceite, o leite e o azucre. Con soamente estes poucos produtos case que podemos facer todo o receitario. As froitas, os froitos secos, os licores, os chocolates… e todo o demais son engadidos que permiten realizar millóns de receitas.

A outra cuestión importante para a repostaría é aplicar ben as medidas, as proporcións correctas de cada ingrediente, os tempos e, por que non dicilo, o agarimo, son a base para obter o mellor resultado. Sen esquecer que estas medidas tamén poden adaptarse aos gustos de quen cociña ou aos de quen vai gozar da sobremesa.

Non vos soa?

Partindo de moi poucos ingredientes a nosa cerna é case igual para todas. E as persoas que nos acompañan, as diferentes aprendizaxes que facemos, as distintas experiencias que vivimos e os contextos que habitamos configuran a nosa identidade. Distinta, desigual, dispar, diferente…

Ao mesmo tempo as medidas sociais, culturais, educativas, de protección polas que se transita, e o xeito como aplican na nosa realidade, son definitivas para ser quen somos.

Neste congreso pretendemos falar e reflexionar sobre todo isto. Queremos escoitar, sobre todo, ás persoas que transitan polas medidas de protección, tanto ás persoas que as aplican como a aquelas ás que se lles aplican.

Toca tamén, coma sempre, lembrar a todas aquelas persoas que o fan posible: as relatoras, as voluntarias, as traballadoras e, especialmente, as familias socias de MANAIA sen as cales este congreso non tería sentido. Pero, sobre todo, a todas aquelas persoas que transitan obrigatoriamente por recursos e medidas que non sempre están pensadas para cubrir as súas verdadeiras necesidades.

Camiñamos coa intención de encher as súas vidas, de brindarlles oportunidades, de facer brotar a súa verdadeira natureza e alimentar o seu espírito. E facémolo porque iso fai as nosas vidas máis… doces.

Animádevos, temos moitas ganas de compartir sobremesas con todas vós.

Ficha de la actividad

Fecha:

2025-09-26

Lugar:

Pontevedra

Espacio:

Salón de actos do Pazo da Cultura

A quién va dirigida:

Profesionais, familias e persoas adoptadas e extuteladas
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.